Libros publicados
Libros publicados
Coirós a través da prensa:
1853-1982
Convidámoste a realizar con nós un percorrido pola prensa para descubrir os acontecementos que ao longo de máis dun século tiveron, dun xeito ou doutro, como eixo principal o concello de Coirós e os seus habitantes.
Coa vista posta nas distintas publicacións editadas na época, tentaremos debullar a historia deste concello, feita desas pequenas noticias das que se fixeron eco os diversos periódicos no seu momento, e que, se cadra, tamén ti, prezado lector, fuches un dos seus protagonistas.
Manuel Fiaño Sánchez
Miguel Gayoso Barreiro
Coirós por dentro
El autor realiza en este libro un exhaustivo recorrido sentimental por su concello natal, y lo hace expresando el sentimiento que todos los gallegos sentimos por nuestra tierra. Un afecto especial que se advierte en todos los capítulos de esta cuidada publicación, escrita con esmero y entusiasmo por un autor novel que profesa un profundo amor por su municipio, por los valores de éste y por su gente.
Salvador Fernández Moreda
Presidente de la Diputación de A Coruña
Historia escolar de Coirós
O ensino constitúe unha peza esencial da educación e da cultura, base para a construción dunha sociedade avanzada e moderna. Para chegar ao sólido sistema educativo do que dispoñemos hoxe en día tivo que afrontar certos impedimentos, agravados en concellos pequenos como por exemplo Coirós, tal como recolle a obra que nos presenta Manuel Fiaño Sánchez.
Valentín González Formoso
Presidente de la Diputación da Coruña
Descubre Coirós. Guia Xeral
Esta Guía pretende ser unha viaxe polo pequeno, pero interesante, concello de Coirós. Nela propoñémosche un percorrido polos lugares simbólicos deste recuncho das Mariñas, para que descubras a súa arquitectura e a súa paisaxe, ofrecendo á vez unha visión xeral de tódolos servizos cos que contan, tanto os seus habitantes como os que se ofertan para os visitantes.
Manuel Fiaño Sánchez
Miguel Gayoso Barreiro
Sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Coirós" 1906-2006
Celebrar cen anos de historia dunha institución sempre é motivo de especial orgullo. Mais tratándose dunha institución como a que, a través desta publicación, conmemora non só o paso de cen anos de vida e difusión do galeguismo, senón tamén dunha especial capacidade de adaptación ao vertixinoso cambio dos tempos.
A Sociedade “Hijos del Ayuntamiento de Coirós” de Bos Aires, constituída o 14 de Outubro de 1906, celebra os seus primeiros cen anos de vida. Sen dúbida, é un motivo de satisfacción e fonda ledicia para todos os galegos e galegas. Un síntoma da nosa vitalidade coma pobo e un fito da nosa historia. Un sinal da fortaleza e capacidade de organización dos nosos emigrantes. Unha viva expresión da nosa cultura.
Emilio Pérez Touriño
Presidente da Xunta de Galicia